Loading
Howie Reeve

O baixo de Howie Reeve, no Liceo

  Howie Reeve + Turbante

  Liceo Mutante. Pontevedra

  Venres, 14 de setembro. 20:30

  Aportación de 5 a 8 € 

Xenio do baixo, figura única e inetiquetable… De Howie Reeve din moitas cousas e todas boas. Este músico experimental xa estivo varias veces por Galicia e de feito xa tocou en 2017 no Liceo Mutante, con Trilitrate. Agora farao xunto a Turbante, o proxecto de Joni e Solla, dous militantes mutantes. Natural de Glasgow e ideoloxicamente moi comprometido (asegura que “o modus operandi do sistema está diseñado para facernos enfermar”),  Howie Reeve foi membro de varias bandas e dende 2012 actúa en solitario co seu baixo acústico. A súa música oscila entre o postpunk e o folk máis vangardista. Con Turbante, Joni e Solla, doutros grupos como Montclair e Matadero, improvisan e exploran o drone e o ambient. Uns teloneiros á altura do cantautor escocés.

Infórmate:

  Bandcamp de Howie Reeve

  Entrevista con Howie Reeve en Louder than War (en inglés)

Reproduce:

Escoita: