Loading
Josetxu Piperrak

Kualkier Día no Freixo Rock

  Freixo Rock

  Estrada de San Xoán, 264, O Freixo. Vigo

  Venres 14 e sábado 15 de setembro

  Entrada de balde 

O Freixo Rock, un festival que se reivindica como 100% autoxestionado (organiza a Peña Rock Freixo), terá lugar os días 14 e 15 de setembro na parroquia do Freixo, en Vigo. Entre os grupos que forman o cartel, con marcado carácter punk, rock e ska, figuran Arkada Social, de Mondragón, e Josetxu Piperrak e The Riber Rock Band, ex líder da mítica banda navarra Piperrak, autora de himnos como ‘Kualkier Día’ ou ‘Ke le voy a hacer’.

Haberá ademáis moita presenza de bandas locais, como Os Vacalouras, Os Rosmóns, Demencia Sonora, e Falperrys, con Esteban Skacha á fronte. O resto dos grupos que completan o evento son Furanchazo, Radiocrimen, The Skarnivals, Skakeitan e Maskarpone. A cita conta con zona de acampada e carpa en caso de mal tempo.

Infórmate:

  Cartel do festival

  Entrevista con Josetxu Piperrak en KontraMúsika

Reproduce:

Escoita:

Josetxu Piperrak e The Riber Rock Band

Arkada Social

Os Vacalouras