Loading
This is not an exit

Remata This is not an Exit

  This Is Not An Exit

  Markus Muntean e Adi Rosenblum

  MAC. A Coruña

  Martes a sábado. 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 

   Entrada de balde

Remata a mostra do MAC This is not an Exit, da parella artística formada polo austríaco Markus Muntean e a israelí Adi Rosenblum. A mostra, que alberga pinturas recentes e a súa instalación The Twilight of Our Heart, ten como novidade unha creación coa que tratan de achegar o parkour ao museo. Esta nova intervención inclúe performance, esculturas e proxeccións multipantalla. Sen embargo, o máis destacado é a increíble forza das súa pinturas. En clave realista fan un estudo personalísimo da figura humana onde destaca a expresividade dos corpos e a forza comunicadora dos rostros. A ironía posmoderna das súas escenas vincula estes traballos co pop e coa arte urbana. Os cadros están compostos por grupos de novos pintados a partir de modelos tomados da historia da arte europea, revistas de moda ou internet. Para nós unha das exposicións do ano en Galicia.

Infórmate:

  This is not an exit en Atención Obras

  Muntean/Rosenblum na Tate de Londres

Mira: