Loading
Richie Hawtin

Richie Hawtin, DJ para gourmets

  Richie Hawtin + Fabio Florido + Víctor Fernández 

  Sala Pelícano. A Coruña

  Venres, 14 de setembro. A partir das 23:00

  Desde 22€

Resulta irónico que a visita de Richie Hawtin á nosa comunidade coincida coa celebración do Wos Festival, o evento de música electrónica máis importante de Galicia. Ainda así, sempre é bo momento para recibir a este músico. Recentemente, está a xirar co seu espectáculo CLOSE, show con cámaras ubicadas no escenario de tal xeito que achegan á audiencia aos xestos intuitivos do artista. Sen embargo, na Coruña vén a ofrecer unha sesión como pinchadiscos. Moitos clásicos do clubbing así o prefiren. Non hai que olvidar que o canadiano segue a ser un dos mellores DJ’s do mundo. Os mellores festivais, desde o Creamfields ao Primavera Sound, e espazos tan emblemáticos como o Guggenheim de Nova York ou a Ópera de Sidney albergaron algúns dos seus espectáculos.

A súa impactante sesión na edición galega do Sónar 2011 confirma, desde logo, todos os eloxios que recibe este músico. Actuará tamén Fabio Florido, DJ á alza, popular en prazas tan relevantes como Ibiza ou Berlín, que é un inquedo buscador de sons e novas tecnoloxías. O novísimo Víctor Fernández, que non chega a millennial, é todo un valor en Cataluña, con actuacións en salas tan populares como BeCool e Razzmatazz. A nota discordante vén do xeito de programar: unha festa gamberra se transforma en elitista cuns palcos VIP a partir de 250€.

Infórmate:

  Web de Richie Hawtin

  Entrevista a Richie Hawtin en Vanity Fair

Reproduce:

Escoita: