Loading
Rock is dead

Rock is Dead, romaría rock

  Horse Stealers, Mad Martin Trío, Lou Reyes y sus Reales, Mojo Experience, Riff RaffMartillo

  Parque de Belvís. Santiago

  Sábado, 15 de setembro. A partir das 12:30

  Entrada de balde 

Os que saben apreciar o rock na súa completa esencia este sábado deberían peregrinar ata Belvís. O Rock is Dead é unha verdadeira romaría rock onde se prepara unha festa de directos potentes, polbo, churrasco, cervexa e licor café. Haberá espazo para o rock progresivo con Horse Stealers, para o rockabilly de Mad Martin Trío e de Lou Reyes y sus Reales, e para o blues rock de Mojo Experience. Os alumnos da Casa do Rock de Santiago e da pontevedresa Bonobo farán as súas actuacións ás 15:30. E ás 17:00 chega o momento da XanSession XVII, que din que é a maior jam session de rock da Península, con máis de cen músicos que farán versións de Metallica, Alice in Chains, Ben E King e Nino Bravo, entre outros. Ademais, para completar o día de romaría no parque, organizan un campeonato de xadrez, un taller de fútbol flag e contacontos para os máis pequenos.

  Infórmate:

  Horarios dos concertos e actividades

  Detalles da Xan Session

Reproduce:

Escoita:

Mojo Experience

Mad Martin Trío