Loading
Laxeiro

Últimos días dos monos de Laxeiro

  Os monos de Laxeiro. Obra humorística na prensa

  Fundación Laxeiro. Vigo

  Luns a venres, de 18:00 a 21:00 

  Sábados de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00

  Domingos e festivos de 12:00 a 14:00

  Entrada de balde

Remata en Vigo esta semana a exposición Os monos de Laxeiro, proxectada por Javier Pérez Bujáne comisariada por Manuel Igrexas. Cómpre aproveitar estes últimos días para ver as viñetas que Otero Abeledo fixo para os xornais El Pueblo Gallego e Faro de Vigo entre 1928 e 1930, e que por primeira vez se teñen amosado na súa totalidade. Os monos era a denominación que recibían entre fins do XIX e principios do século XX as ilustracións de debuxos que acompañaban un texto. En realidade, as 49 pezas da exposición son reproducións fotográficas debido a que as orixinais, en moitos casos, perdéronse. Malia a triste circunstancia, paga a pena visitar a mostra e comprender por que o humor gráfico galego viviu unha época dourada nos anos vinte. Castelao, Cebreiro, Maside e, neste caso, Laxeiro dan boa conta diso.  

  Infórmate:

  Información na web de Fundación Laxeiro

  Texto de Xosé Hermida en El País con motivo do falecemento do artista

  Mira: