Loading
Ultranoite

Volven as Ultranoites á Ramallosa

  Ultranoite

  Chévere

  Auditorio da Ramallosa. Teo

  Venres 14 e sábado 15 de setembro. 22:00 

Entrada e bus de ida e volta a Teo, 12€

Regresa a Ultranoite de Chévere despois dun ano de ausencia. Seis sesións (venres e sábados de setembros) para un clásico ineludible da escena galega, non só referente teatral e lúcida análise da realidade, senón tamén unha auténtica escola de actores galegos. As Ultranoites son cabarés satíricos sen parangón en Galicia. Sobre o escenario, algúns dos rostros máis importantes do teatro do país: Manuel Cortés, Xron, Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, César Goldi, etcétera. E por riba de todo, sobre as táboas, a retranca, a crítica e a sátira, tan importantes sempre, pero máis nun momento como o actual no que semella que temos perdido a capacidade de rirnos de nós mesmos.

A incapacidade dos novos caudillos de tolerar a crítica valeulles a Chévere o abandono da Sala Nasa e o doce exilio en Teo, onde conservan a voz, a estima e o recoñecemento. Un exemplo magnífico para os nosos políticos que, coma nese xogo de feira americana, pretenden calar as toupas a martelazos. Non se dan conta de que as toupas aparecerán noutro buraco e o único que vai quedar é a foto deles cun martelo na man.  

  Infórmate:

  As Ultranoites na web de Chévere, Redenasa

  Artigo sobre Chévere en Público

  Reproduce: