Loading
XiriaPop

Futuro Terror encabeza o XiriaPop

  Melange, Futuro Terror, The Safes, Cooper, The Parkinsons e Oddballs

  Club Dublín. Carballo

  Venres 14 e sábado 15 de setembro. Varias horas

  10€ (entrada de día) 15€ (bono de dous días) 

O festival XiriaPop de Carballo chega este ano á súa edición número 21 coas bandas Melange e Futuro Terror como principais atractivos, os próximos 14 e 15 de setembro, respectivamente. Os primeiros, un quinteto que se formou en Madrid a finais de 2014, traerán á Sala Dublín a súa psicodelia na xornada do venres. Os segundos, dende Valencia, aportarán a nota máis punk co seu garage/indierock o sábado. The Safes e Cooper na primera noite e The Parkinsons e Oddballs na segunda completan o cartel.

A cita, unha das veteranas da zona, comenzou no 98 como unha festa para os membros do equipo de balonmán Xiria. Coa finalidade de recadar fondos para as escolas, as primeiras edicións contaron cun único grupo da comarca, pero cada ano foi a máis en canto a número de bandas e nivel das mesmas. Pola Dublín teñen pasado nomes como os de Chris Wilson, Roy Loney, The Pirates, The Waistcoats, Cosmic Rough Riders, Bap Kennedy, Brian Estepa, Johnny Casino, The Right Ons, Niños Mutantes, The Sunday Drivers… 

Infórmate:

  Blog das escolas de balonmán Xiria

  Entrevista a Futuro Terror en Mondosonoro

Reproduce:

Escoita:

Melange

Cooper

The Parkinsons