Loading

Curtocircuito naceu en 2003 e 15 anos despois xa é un festival internacional de cine de referencia no panorama estatal. Quince aniversario, o que celebra neste 2018, no que pretende seguir coa evolución dende a curtametraxe cara contidos interdisciplinares, seguindo a liña que marcou o director Pela del Álamo dende a súa chegada. Así, ademáis de cine, do 29 de setembro ata o 7 de outubro, Curtocircuito traerá a Compostela música e pensamento, con proxeccións, actividades formativas e performances, que se desenvolverán en distintos lugares da cidade.

Visitarán a capital galega o cineasta Ulrich Seidl, autor austriaco coñecido por obras como Hundstage (Dog Days), a triloxía Paradise ou Safari, e o francés Bertrand Mandico. A cita dedicaralles sendas retrospectivas, e a do director galo será a primeira que se faga en España. Da man do festival, tamén estará en Santiago a promesa arxentino-británica Jessica Sarah Rinland: o seu cine experimental centrará a sección Púlsar, tamén por primera vez no país.

Outra retrospectiva desta 15ª edición de Curtocircuito será a protagonizada polo italiano Roberto Minervini, do que se poderán ver pezas como What You Gonna Do When the World’s on Fire?, Louisiana – The Other Side, Stop the Pouding Heart, Low Tide y The Passage.

Fragmento do cartaz de Curtocircuito

A Sección Oficial, pola súa parte, dividirase entre os 19 films de Radar, de ficción e non ficción, coas últimas tendencias do cine de autor internacional; e Explora, con 27 obras afastadas dos límites convencionais do cine.

A todo isto hai que sumar outras dúas seccións competitivas, Planeta GZ e Penínsulas, e varias máis paralelas, xunto á programación de Alrededor del Sonido II, que reflexionará sobre a importancia do son con una selección de propostas que aproximarán ao público ao acto de escoitar. Entre elas está a performance audiovisual FIELD do canadiense Martin Messier, que actuará na inauguración, este sábado 29 de setembro.

Principais nomes de Curtocircuito

Ulrich Seidl (Viena, 1952) é, segundo destacan os organizadores do festival, un dos grandes nomes do cine de autor das últimas décadas. Algúns dos seus estrenos en Cannes, Berlinale e Venecia foron obxecto de controversia, polo seu tratamento do turismo sexual, a fe cristiana ou a caza. O seu estilo caracterízase, resalta a organización do festival, pola súa “precisión formal e a mestura de métodos do documental e da ficción”.

 

De Bertrand Mandico (Toulouse, 1971) sinalan que é singular polo seu bizarrismo cromático, “un estilo ecléctico coa capacidade de crear universos dunha imaxinación visual desbordante, fusionando e desintegrando os xéneros tanto no sentido narrativo como no sexual”. Formouse en animación en Gobelins e despois escribiu e dirixiu numerosas películas entre as que sobresaen Notre-Dame des Hormones, Prehistoric Cabaret e Les garçons sauvages.

 

A obra de Jessica Sarah Rinland dialoga con outras disciplinas como a etnografía e a fotografía. Expuxo en galerías, festivais de cine e universidades e actualmente é artista asociada en Somerset House Studios e bolseira do Centro de Estudos Cinematográficos da Universidade de Harvard.

 

Especializado na América profunda, Roberto Minervini (Fermo, 1970) obtivo o aplauso da crítica polos seis retratos poéticos e hiperrealistas das comunidades marxinadas dos Estados Unidos. O integrismo relixioso e as problemáticas das drogas e as armas son asuntos que se repiten e neste caso Curtocircuito proxectará, entre outras, pezas como Low Tide e The Passage.

 

Películas de Radar

  • Braguino, de Clément Cogitore. Francia, Finlandia. 2017
  • Caroline, de Logan George e Celine Held. Estados Unidos. 2018
  • Cops Are Actors, de Tova Mozard. Suecia. 2017
  • Das satanische Dickicht – DREI, de Willy Hans. Alemania. 2018
  • Fauve, de Jérémy Comte. Canadá. 2017
  • Glucose, de Jeron Braxton. Estados Unidos. 2017
  • In Between Takes, de Alexei Dmitriev. Rusia. 2017
  • Las Cruces, de Nicolas Boone. Francia. 2018
  • Las fuerzas ,de Paola Buontempo. Argentina. 2018
  • Les amoureux, de Pablo Dury. Francia. 2018
  • Mi amado, las montañas, de Alberto Martín Menacho. España, Suiza. 2017
  • Miragem Meus Putos, de Diogo Baldaia. Portugal. 2017
  • Real Gods Require Blood, de Moin Hussain. Reino Unido. 2017
  • Saladdin Castique, de Anssi Kasitonni. Finlandia. 2018
  • Solar Walk, de Réka Bucsi. Dinamarca. 2018
  • Terremoto santo, de Bárbara Wagner e Benjamin de Burca. Brasil. 2017
  • Uuquchiing, de Kevin Noguès. Francia. 2018
  • Vando vulgo Vedita, de Leonardo Mouramateus e Andreia Pires. Brasil. 2017
  • World of Tomorrow Episode Two: The Burden of Other People’s Thoughts, de Don Hertzfeldt. Estados Unidos. 2018

Películas de Explora

  • 20160815, de Tina Frank. Austria. 2016
  • At the Horizon, de Manuel Knapp e Takashi Makino. Austria. 2018    
  • Blink, de Youjin Moon. Estados Unidos. 2017    
  • Electro-Pythagorus: a Portrait of Martin Bartlett, de Luke Fowler. Reino Unido e Canadá. 2017
  • Konfiguration schwarz und weiss (Configuration in Black and White), de Helga Fanderl. Alemania. 2017
  • Life After Love, de Zachary Epcar. Estados Unidos. 2018    
  • Mahogany too, de Akosua Adoma Owusu. Estados Unidos, Ghana. 2018
  • Mediums, de James N. Kienitz Wilkins. Estados Unidos. 2017
  • Mixed Signals, de Courtney Stephens. Estados Unidos. 2018
  • Momentum 142310, de Manuel Knapp. Austria. 2018
  • Monelle, de Diego Marcon. Italia. 2017
  • Mountain Plain Mountain, de Araki Yu e Daniel Jacoby. España, Japón, Países Bajos. 2018
  • Nutsigassat, de Tinne Zenner. Groenlandia, Canadá, Dinamarca. 2018
  • Optimism, de Deborah Stratman. Estados Unidos, Canadá. 2018
  • Phantom Ride Phantom, de Siegfried A. Fruhauf. Austria. 2017
  • Screen, de Christoph Girardet e Matthias Müller. Alemania. 2018    
  • Skoro nista: i dalje noc (Almost Nothing: So Continues the Night), de Davor Sanvincenti. Croacia. 2017
  • Sky Room, de Marianna Milhorat. Estados Unidos. 2017
  • Sombra luminosa, de Francisco Queimadela e Mariana Caló. Portugal. 2018
  • Taking away, de Eginhartz Kanter. Austria, Xapón. 2018
  • The Garden of Delight, de Michael Fleming. Países Bajos, Estados Unidos. 2017
  • Three paths, de Alexander Dupuis. Estados Unidos. 2017
  • Trees Down Here, de Ben Rivers. Reino Unido. 2018
  • Uluru, de Alberte Pagán. España. 2018
  • Via, de Maria Ferreira. Portugal. 2017
  • Wishing Well, de Sylvia Schedelbauer. Alemania. 2018
  • Word for Forest, de Pia Rönicke. Dinamarca. 2018