Loading

O Marisco contra o machismo

  Morgan, Freedonia, The Charlatans, Australian Blonde, C. Tangana, Banana Bahía, Ses, Mercedes Peón, Bad Gyal, Muchachito, Eagle Eye Cherry…

  Praza do Corgo. O Grove

  De venres a domingo, 5-7 de outubro. Varias horas

  Entrada de balde 

O Grove celebra a Festa do Marisco dende o 4 ata o 14 de outubro cun espazo bastante amplo reservado para a música. Deste modo, os concertos comezan o venres 5 con Morgan e Freedonia e continúan durante o fin de semana con The Charlatans, Australian Blonde e Pardo (o sábado) e dúas das novidades de última hora o domingo: C. Tangana (que repite) e os vigueses Banana Bahía (entre os que destaca Kaixo).

Estas últimas incorporacións producíronse ao tempo que os organizadores retiraban do cartel ao trapeiro Kaydy Cain, ante as críticas polas súas letras machistas. Este madrileño é coñecido por formar parte do grupo Pxxr Gvng, colectivo no que tamén está Yung Beef, quen, a súa vez, denunciou o seu veto no Marisquiño despois do seu incidente no Atlantic Fest.Kaydy Cain  substitúeo a catalana Bad Gyal, artista da que, precisamente, se di que está a revolucionar ao trap coas súas letras feministas.

A música continuará a próxima semana no Grove con Sés, Mercedes Peón Sonia Lebedynski o xoves 11; Bad Gyal, Muchachito e Manu TF DJ o venres 12; e Eagle Eye Cherry, Sexy Sadie e Los Árboles o sábado 13.

Infórmate:

  Programación completa das festas

  Nova sobre a retirada do cartel de Kaydy Cain en La Voz de Galicia

 O Marisquiño Vs. Yung Beef

Reproduce:

Escoita:

Morgan

Freedonia

The Charlatans

Australian Blonde

C. Tangana

Eagle Eye Cherry