Loading
Català-Roca

Català-Roca no Kiosco Alfonso

  Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia 1956-1976

  Francesc Català-Roca

  Kiosco Alfonso. A Coruña

  De luns a domingo, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00.

Ata o 13 de xaneiro

  Entrada de balde

A exposición de Francesc Català-Roca chega ao Kiosco Alfonso de A Coruña. O paso do fotógrafo catalán por Galicia faise patente coas 116 imaxes, algunhas inéditas, escolmadas entre o milleiro de fotografías dispoñibles. Esta foi parte da labor de Anxo Rabuñal e Agar Ledo, como comisario e colaboradora principal da mostra respectivamente. A exposición recupera a crónica fotográfica, chea de beleza, das sete campañas que o catalán realizou en Galicia, no período 1956-1976. Achéganos a un autor que retrata a moderna irrupción do turismo, pero fuxindo do estereotipo e do folklorismo.

Catalá-Roca, premio nacional de artes plásticas en 1983, documentou boa parte da xeografía española durante a segunda metade do século XX. Fíxoo ao servizo de editoras que publicaban as guías turísticas de recente aparición, un xénero literario en auxe que constataba a importancia do turismo na etapa histórica do desarrollismo. A nivel formal e temático, segundo Rabuñal, as fotografías destacan “pola luminosidade na imaxe, o humorismo na escena, a dignidade na figura e a linguaxe de vangarda na composición”. Compre sinalar, tamén, que as obras se presentan sen enmarcar, respectando o modo que tiña o artista de amosar o seu traballo.

* Copyright de todas as imaxes Fondo Català-Roca do Arxiu Fotogràfic do COAC.

  Infórmate:

  Reseña sobre Català-Roca en La Voz de Galicia

  Nova sobre a exposición en Nós Televisión

  Mira: