Loading
Mojo Experience

Álbum debut de Mojo Experience

  Mojo Experience

  Sala Capitol. Santiago

  Xoves, 11 de outubro. 22:00 (apertura de portas ás 21:15)

  10€ (anticipada) 12€ (taquilla)

A banda compostelá Mojo Experience presenta o seu álbum debut, que leva o nome do grupo, este xoves na Sala Capitol. O certo é que non está nada mal iniciar a xira dun primeiro traballo discográfico nunha das mellores salas de España. Subirse ao escenario no que actuaba Low apenas dez días antes. Por poñer un só exemplo. Isto amosa a seriedade do proxecto de Mojo Experience. Dende a formación da banda no 2015 teñen estado reinventándose e semella que por fin deron coa tecla. Dende un blues máis clásico a banda avanzou a unha mestura de blues con hard rock. Segundo a propia banda, inspíranse “no rock británico e americano de principios dos 70, con voces potentes de complexas harmonías vocais e solos psicotrópicos”. A xira que comeza o xoves prolongarase durante un ano. Os Inorantes sempre saudamos con ilusión os proxectos emerxentes nados na nosa terra e desexámoslle aos Mojo Experience toda a fortuna que merecen.

  Infórmate:

  Bandcamp de Mojo Experience

  Facebook da banda santiaguesa

  Reproduce:

  Escoita: