Loading
Crimen y Telón

Crimén y Telón, distopía no FIOT

  Crimen y Telón

  Ron Lalá

  Auditorio do Pazo da Cultura. Carballo

  Xoves, 11 de outubro. 21:00 

  15€

A compañía madrileña Ron Lalá leva ao FIOT de Carballo a súa última obra, Crimen y Telón, a proposta máis interesante da semana no festival teatral do outono bergantiñán. A peza, unha comedia musical, preséntanos unha distopía ambientada nun futuro próximo no que as artes están prohibidas e unha intelixencia artificial e o seu exército de drons controlan o planeta. Neste escenario, Ron Lalá propón a resolución dun asasinato co que percorrerán boa parte do acervo do teatro clásico. Unha homenaxe ao teatro e unha reinvención do mesmo da man dunha compañía que xa recibiu o Premio do Público do FIOT en 2016, con Cervantina. O venres e o sábado Ron Lalá levarán Crimen y Telón ao Teatro Rosalía de A Coruña.

No resto da semana do FIOT, destaca a nova versión de Fedra (sábado) con Lolita no papel protagonista da traxedia de Eurípides, que recibiu unha excelente acollida na súa estrea no Teatro Romano de Mérida. Tamén suxerente é Playoff (venres), da madrileña La joven compañía. A obra adéntrase nun vestiario de fútbol feminino.   

  Infórmate:

  Crítica de Crimen y Telón en El País

  Reseña sobre Fedra en El Español

  Reproduce:

  Mira: