Loading

Lugares, de Vari Caramés

  Lugares

  Vari Caramés

  Galería Trinta. Santiago

  De luns a venres, de 12:30 a 14:30 e de 17:30 a 21:00.  

 Ata o 24 de outubro. 

  Entrada de balde

A galería Trinta de Santiago acolle a exposición Lugares do fotógrafo ferrolán, afincado na Coruña, Vari Caramés. O estilo do artista caracterízase por facer fincapé no detalle, na particularidade e tamén polo aspecto movido ou desenfocado dos seus traballos. É un dos fotógrafos máis recoñecidos e laureados da nosa comunidade e museos nacionais tan relevantes como o MNCA Reina Sofía contan con obra súa.

Respecto á mostra, Caramés di que son “lugares en los que me sorprenden los animales, disfrutar jugando, puentes que cruzar y también el agua, en forma de esa niebla que le encantaba a Torrente Ballester (…); se trata de buscar los lugares desde donde hay que ver”. En realidade, unha procura lánguida e melancólica de reter non só espazos, senón tamén o tempo, por parte do fotógrafo. Moi recomendable para os interesados na fotografía artística. 

  Infórmate:

  Web de Trinta

  Entrevista a Vari Caramés en El País

  Mira: