Loading

Myles Sanko pecha o San Froilán

  Myles Sanko

  Praza de Santa María. Lugo

  Venres, 12 de outubro. 23:00

  Entrada de balde

Myles Sanko pecha as actuacións das festas de Lugo. Este músico inglés é un haxiógrafo do soul clásico, que chega á éxtase da man de Otis ReddingAl Green ou James Brown. Sen embargo, as súas orixes ghanesas e bretonas, unidas á cultura británica, danlle un pulo contemporáneo e global ás súas composicións. Jazz, funk e música africana aderezan os seus temas e libéranos de encorsetamentos. Os seus concertos teñen un halo de congregación mística que envolve ao público.

Ese mesmo día tamén actuará en Lugo Marky Ramone, ex-baterista da icónica banda neoiorquina Ramones. Será na praza da Horta do Seminario e, antes do seu concerto, subirán ao escenario as Pussy Riot. Este colectivo ruso de punk feminista acadou sona mundial logo da condena polo seu irreverente concerto, sen autorización, na catedral de Cristo Salvador de Moscú. As consecuencias deste acto foron penais, con sentenzas de dous anos de cárcere para varios membros da banda.

  Infórmate:

  Crítica do último disco de Myles Sanko en Mondosonoro

  Entrevista a Myles Sanko en Wiriko

  Reproduce:

  Escoita: