Loading
Galicia Universal

Últimos días de Galicia Universal

  Galicia Universal

  Mostra colectiva

  Cidade da Cultura. Santiago

  Martes a domingo. 10:00 a 20:00  

  Entrada de balde

Agora que a exposición Castelao Maxistral ten aterrado no Museo de Galicia (cunha aterraxe un tanto forzosa, por certo), baixa o telón a outra gran mostra do Gaiás para este 2018: Galicia Universal. (Unha pequena reflexión á marxe: un pouco máis de orixinalidade nos nomes dos proxectos da Cidade da Cultura tampouco estaría mal, polo menos que non transmitan tanta preguiza intelectual). Dende o 16 de marzo esta expo vén exhibindo os fondos máis destacados das coleccións de arte galega de Abanca e de Afundación.

A mostra que pechará as súas portas o domingo 14 de outubro inclúe un total de 194 obras entre fotografías, pinturas, esculturas e instalacións. De perfil marcadamente institucional, exhíbense creacións de Pérez Villaamil, Serafín Avendaño, Sotomayor, Castelao, Maside, Souto, Colmeiro, Laxeiro, Lugrís, Seoane, Maruja Mallo, Jorge Barbi, Manolo Paz, Francisco Leiro, Menchu Lamas ou Antía Moure. É dicir, un completo percorrido pola plástica galega máis oficial dos últimos douscentos anos.

Infórmate:

Colección Abanca

Colección Afundación

  Reproduce:

Mira: