
Festa en Lugo cos Heredeiros
Heredeiros da Crus
Praza Horta do Seminario. Lugo
Xoves, 11 de outubro. 21:30
Entrada de balde
Os Heredeiros da Crus no San Froilán son sinónimo de festa garantizada. Lugo celebra o seu patrón estes días e un dos grupos escollidos é, precisamente, a cuadrilla de Pepa a Loba, que estarán este xoves 11, ás 21:30 horas, na Praza Horta do Seminario. Cuadrilla de Pepa a Loba é, ademáis do nome do seu primeiro álbum, alá polo 1994, o título do libro que recentemente publicou a editorial Xerais, escrito por Antonio Díaz Ageitos e que recolle moitas lembranzas destas lendas que aínda seguen a dar moita tralla. Para mostra, ben seguro, a que darán no San Froilán!
Infórmate:
Nota do libro Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba na Fonoteca
Reproduce:
Escoita:
Heredeiros da Crus