Loading
Poemagosto

Poemagosto, outono en Allariz

  Poemagosto. Festival internacional de poesía en Allariz

  Chus Pato, Oriana Méndez, Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Isabel Martín Ruíz, Mohamed Abid, Judite Canha Fernandes, Estevo Creus, Manuela Parra, Raúl Vacas Polo, Yasuhiro Yotsumoto, Francisco Álvarez Koki, Estíbaliz Espinosa, Antonio Fernández Seoane…

  Fundación Vicente Risco, Museo do Coiro e varias localizacións de Allariz

  Do venres 12 ao domingo 14 de outubro. Todo o día 

  Entrada de balde (salvo o xantar, 10€)

A quinta edición do Poemagosto. Festival internacional de poesía en Allariz é unha cita cos versos, a música e a artesanía nunha das paisaxes máis fermosas de Galicia. Unha boa excusa para pasar unha fin de semana diferente, rodeados de poetas chegados de distintas partes do mundo para conversar e recitar xuntos en Allariz. O venres, día festivo, destacamos o Recital de Poesía Novísima, coordinado por Olga Novo, no que participan Iago González, Antía Balvís Moreiras, Lorena Fernández, Inés Outomuro, Nuria Fdez. Robledo Ángela del Canto. Estíbaliz Espinosa presentará os seus poemarios Curiosidade (Aira Editorial) e As neuronas irmás (Arte de Trobar).

Para non perder: a oportunidade de escoitar recitar xuntas a Chus Pato, Oriana Méndez, Isabel Martín Ruiz (que vén de Ayamonte, Huelva) e Judite Canha Fernandes (que chega dende as Azores). O mesmo venres, xa pola noite, a cantante e compositora franco-galega Camille Hédouin actuará co seu proxecto Mounqup. O sábado celébrase o tradicional xantar de fraternidade nos xardíns da Fundación Vicente Risco, peza central do festival. E o domingo terá lugar o segundo Combate Poético do Poemagosto.

  Infórmate:

  Toda a programación do Poemagosto

  Poetas da edición deste ano

  Reproduce:

Escoita: