Loading
FKM

FKM: sexo, provocación e censura

  Festival de Cinema Fantástico da Coruña

  CGAI, Cantones Cine, Fundación Luis Seoane. A Coruña

  Do 13 ao 21 de outubro. Varias horas

  23€ bonocatro proxeccións nos Cantones (Liquid Sky, November, Cimax, Mandy)  7€ entrada individual 

O Festival de Cinema Fantástico da Coruña cumpre dez anos. A súa décima edición está dedicada ao sexo, provocación e censura, moi na súa liña transgresora e sen tabúes. Cita imprescindible para os amantes do cinema fantástico: o noso pequeno Sitges. Unha das presenzas desatacadas esta edición é a do crítico Jordi Costa, que presentará o seu libro Cómo acabar con la contracultura: Historia subterránea de España (1970-2016), coa presenza de Julián Hernández, de Siniestro Total.

Ademáis de interesantes exposicións, xornadas especializadas e masterclass, as proxeccións volverán a ser o prato forte. E, entre elas, este ano sobresaen nomes como o de Gaspar Noé, do que se poderá ver o seu novo filme, Climax. Tamén están no programa a superviolenta Mandy, do director italo-canadiense Panos Cosmatos e protagonizada por Nicolas Cage, e haberá homenaxe para Walerian Borowczyk.

  Infórmate:

  Programa do festival

  Exposición Hedoné

  Reproduce:

A %d blogueros les gusta esto: