Loading
Camilo e Díaz Pardo

Con Galiza sempre no horizonte

  Con Galiza sempre no horizonte

  Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo

  Colexio de Fonseca. Santiago

  De luns a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30

 Ata o 30 de novembro. 

  Entrada de balde

Con Galiza sempre no horizonte é o título da mostra que explica os 16 anos que Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo, pai e fillo respectivamente, viviron en Santiago de Compostela entre 1920 e 1936. A mostra está dividida en dúas partes. Na primeira delas exhíbese información sobre ambos, e en diversos formatos, daquela época. Destacan os carteis do Estatuto de Autonomía, o deseño gráfico e, tamén, os debuxos que Camilo fixo aos seus compañeiros de cárcere xa iniciada a Guerra Civil Española.

A segunda parte da mostra concéntrase na actividade artística, cultural e industrial que Díaz Pardo iniciou logo de fuxir da súa cidade natal e que deu lugar a ese intelectual de primeiro orde para o galeguismo. Moi relevantes para Galicia foron as cerámicas do Castro e, a través do seu Laboratorio de Formas (unha versión galega da Bauhaus), a reactivación da cerámica de Sargadelos. Tampouco é menor o seu traballo editorial, coa formación de Ediciós do Castro, e intelectual, co desenvolvemento do Seminario de Estudos Galegos e o Instituto Galego de Información. Exposición interesante para coñecer a tráxica historia de Díaz Baliño e as orixes de Díaz Pardo, figura imprescindible da cultura galega moderna.

  Infórmate:

Entrevista a Isaac Díaz Pardo en RTVE

  Nova sobre a mostra en Nós Televisión