Loading
Galician Bizarre

Galician Bizarre é un artefacto tan estraño e tan libre que é imposible non querelo”, asegura Olalla Cociña, da banda de dream pop santiaguesa Atrás Tigre“O Galician Bizarre foi moi especial para nós nas nosas adolescencias. Grazas a este recompilatorio descubrimos moitos grupos galegos que hoxe en día admiramos. Agora temos a responsabilidade de molar e que a rapazada acabe dicindo isto mesmo sobre nós dentro duns anos”, engade Nuno Pico, da banda de pop compostelana Oh! Ayatollah.

Dois
Dois participan con Dominguero, un dos temas máis divertidos do seu repertorio.

Hai unha década que naceu un proxecto, o Galician Bizarre, da man de Rafa AnidoCarlos Pereiro, Adrián Bóveda, Rubén Prol e Rubén Domínguez, entre outros, que reuniron por primeira vez a grupos da chamada escena underground galega. Naquel primeiro recompilatorio estaban Terbutalina, Srasrsra e Novedades Carminha, entre outros; grupos que hoxe son moi coñecidos. Van seis anos dende que se editara o segundo disco, e moitos concertos despois chega o terceiro, pois o underground galego non fixo máis que crecer nestes anos.

Para nós o Bizarre é un xesto de unión, formar parte de algo común entre tódalas bandas, sempre é positivo“, din os membros do grupo Contenedor de Mierda

Dezasete bandas conforman o volume 3 do Galician Bizarre, un feito que confirma á escena galega como ese “fervedoiro de creatividade” do que falan os promotores desta iniciativa. Aquí atopamos pop lo-fi, trap, neopsicodelia, punk, post-grunge ou electrónica. Cada banda entende e adapta os estilos á súa personalidade e o galego ten neste disco aínda máis presenza.

Todas as iniciativas que funcionen para dinamizar a cultura non de masas parécennos interesantes e valientes. Para nós o Bizarre é un xesto de unión, formar parte de algo común entre tódalas bandas, sempre é positivo. Porque logo, fóra de iniciativas coma esta, imos moi por libre, é difícil anclarnos nalgún sitio ou etiqueta”, sinalan dende o grupo Contenedor de Mierda

Portada do volume 3 do Galician Bizarre, deseñada por Óscar Raña, do grupo Dois.

Con máis de 4.100 euros acadados nunha campaña de crowdfunding, este disco vaise materializar nos próximos meses e os Inorantes agardamos que se fagan moitos concertos de presentación para presenciar en directo este espírito do underground bizarro galego. Sen dúbida é unha radiografía moi fiel da escena autóctona actual; paréceme ademáis moi acertado que se lle dea cabida a un conxunto tan variado de estilos e propostas, aínda que algunha destas se saia da raíz punk tan vencellada ao Galician Bizarre original”, afirma Óscar Raña, membro do grupo Dois.

“Non hai mellor maneira de proxectarse cara o exterior”, destaca o vigués, que ademais é o autor da ilustración da portada, inspirado nun “estoupido de sons e formas que se mesturan de maneira ruidosa”

É tan importante ou máis que a xente do propio país sepa o que se está a facer na música galega. As etiquetas poden ser tramposas, pero son necesarias“, apunta Nuno de Oh! Ayatollah

Pantis, Contenedor de MierdaEsposaDoisLamprea ExplosivaSelváticaAtrás TigreBoyanka KostovaPálidaTravesti AfganoBifannahPuma PumkuEstrambote , JayBulto e Kadett GSI son as bandas seleccionadas para este terceiro volume que axudará a que se coñezan os grupos, tanto fóra como dentro de Galicia.

“É tan importante ou máis que a xente do propio país sepa o que se está a facer na música galega. As etiquetas poden ser tramposas, pero son necesarias. O movemento Mod, o hardcore dos 80, ou o Britpop… non terían chegado a tanta xente se non se tivesen visibilizado os grupos a través dun denominador común. Nese sentido, o Galician Bizarre é unha iniciativa moi necesaria e moi admirable. O Galician Bizarre fai país (como se di por aí)”, reflexiona Nuno, o vocalista de Oh! Ayatollah

Pablo Callejo é o tema co que a banda Oh! Ayatollah participa neste recopilatorio underground.

“Os recompilatorios sempre son como fotos de grupo, xente que nun momento comparte tempo e espazos para crear música, neste caso do Galician Bizarre crear moi libremente sons contemporáneos de todos os estilos. É unha escena moi autoxestionada tamén. Hai grupos dos GB 1 e 2 que xa non existen e igual mesmo do 3 que aínda vai saír agora, así que esas fotos de grupo son moi importantes para a memoria e o arquivo do que acontece na escena máis underground, tanto de Galicia como de fóra”, salienta Olalla de Atrás Tigre.

Sen embargo, non todos están cómodos coa etiqueta underground. Sara Iglesias, batería de Contenedor de Mierda, afirma que non se considera parte dun grupo underground, que non se sinte representada dentro dese termo e non lle gusta a etiqueta. Víctor Rivas, guitarrista deste grupo que ten o seu centro de operacións en Teis (Vigo), explica que neste caso, se entendemos underground como a descripción dun grupo que non o está petando a nivel de masas, entón Contenedor de Mierda si que é un grupo underground, que se move nas marxes das marxes da industria. 

A banda Contenedor de Mierda participa cun dos seus temas preferidos, Síndrome de Dawson.

O vocalista de Oh! Ayatollah acepta a etiqueta como mal menor e considera que ser un grupo underground hoxe en día “non debe ser moi diferente de como foi sempre, e está ben que así sexa”. “Ti les cousas sobre Black Flag ou Fugazi ou xente así, que foron os que no seu momento iniciaron o circuíto da música underground en América, e a verdade é que traballaban e vivían nunhas condicións de case indixencia. O que pasa é que logo, cando pasan uns anos e o grupo se ‘masifica’ á súa maneira, tamén se mitifica moito a súa traxectoria. Tendemos a esquecer a época precaria das bandas que nos gustan, pero o underground sempre foi o underground”, engade Nuno

É unha escena moi autoxestionada. Hai grupos dos Galician Bizarre 1 e 2 que xa non existen e igual mesmo do 3 que aínda vai saír agora”, salienta Olalla de Atrás Tigre

Cada grupo escolleu a canción que lle representa, a maioría son inéditas.Pedíronnos un tema inédito e Síndrome de Dawson era o noso tema máis novo, ademais estabamos encantados con el, segue a ser un dos nosos temas favoritos, así que nun ensaio gravamos o tema nun catro pistas, que era o que tiñamos nese momento a man, Víctor arreglouno un pouco e enviámosllo tal cual”, conta Anxos Fazáns, de Contenedor de Mierda

Abisal, o tema dos Atrás Tigre para o Galician Bizarre 3, naceu directamente do lixo.

No caso de Dois, Óscar explica que Dominguero era un dos temas máis curtos e divertidos do seu repertorio. “Pensamos que casaba perfetamente coa identidade do proxecto”, di. Os de Oh! Ayatollah escolleron Pablo Callejo porque “é unha canción moi bonita”, aseguran, “e queremos que as cousas bonitas perduren no mundo”.

“As cancións veñen de onde elas queren, e Abisal naceu literalmente do lixo. Olalla sempre vai alerta pola rúa, ollo avizor por se alguén deixou entre os colectores do lixo algún moble, algunha pequena reliquia que poder restaurar para darlle unha nova vida. Nunha destas encontrou un libro entre os cascallos: o Diccionario de símbolos de Cirlot. Un tesouro tremebundo. Abisal é, literalmente, un texto nacido dunha das primeiras entradas do dicionario: a palabra Abismo. A historia pareceunos abondo bizarra como para deixala pasar, así que agora o tema forma parte do GB3”, contan Pedro Solla, Xiana Arias e Antón Blanco de Atrás Tigre.

  Escoita: