Loading
Ángel Stanich

Acustiquísimo de Ángel Stanich

  Ángel Stanich

  Hotel Monumento San Francisco. Santiago 

  Venres, 2 de novembro. 21:00 

 12€ 

O inclasificable cantautor cántabro Ángel Stanich inaugura o ciclo Momentos Alhambra Acustiquísimos en Galicia, que impulsa a marca de cervexa andaluza Alhambra. Malia que Stanich é un habitual dos escenarios galegos (en 2018 estivo na Capitol, na Baranda de O Barco, no Surfing The Lérez ou no Festival Noroeste, e ten previstos concertos en Lugo, Ferrol, Ourense e Vigo nas primeiras semanas de 2019), o concerto en San Francisco será especial por acústico.

Moi interesante vai ser poder escoitar a versión desenchufada de moitos dos temas de Antigua y Barbuda (2017), o LP confirmación de Stanich. Hai que ter en conta que a gran diferencia deste álbum con respecto aos anteriores traballos do santanderino é precisamente o afastemento da predominancia acústica. Véxanse por exemplo os sintetizadores do single por excelencia de Stanich: Mátame Camión. Se un concerto de Stanich sempre é interesante, este, se cabe, aínda o é máis. 

  Infórmate:

  El Quinto Beatle fala do último single de Stanich

  Crítica de Antigua y Barbuda en Mondosonoro

Reproduce:

Escoita: