Loading

Hinterland, de Xesús Vázquez

  Hinterland

  Xesús Vázquez

  Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense

  De luns a venres, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00

  Sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 

 Ata o 9 de decembro. 

  Entrada de balde

Xesús Vázquez, o artista ourensán afincado en Santander, regresa á súa cidade natal para expoñer a súa obra na mostra Hinterland. A mostra está composta por tan só oito cadros, pero o seu gran formato permite que ocupen todo o espazo expositivo. Para o artista, Hinterland “é unha chamada a pensar noutras cousas que teñen que ver coa pintura”. Con esta exposición Vázquez pretende renovar aspectos creativos sobre os que xa indagou na década dos oitenta: “paisaxes perigosas, que só poderían sobrevivir tres minutos”, afirma o pintor que formou parte do grupo Atlántica.

Non é algo anecdótico que a mostra do ourensán se titule Hinterland. Especialmente, se temos en conta que ese concepto nos fala dunha zona de influencia. O pintor parece expresar a súa vontade de ligar a pintura con aspectos biográficos e creativos como a poesía (especialmente a de Pessoa, que tanto o marcou), o romanticismo e a arte xaponesa. Volve a Ourense, onde fixo a súa primeira exposición individual. Agora como artista consagrado.

  Infórmate:

Entrevista a Xesús Vázquez

  Recompilación de obras de Xesús Vázquez

Mira: