Loading
Marta Ren

Trío de ases no Outono Códax

  Marta Ren & The Groovelvets + Marem Ladson

  Sala Capitol. Santiago

  Sábado, 10 de novembro. 20:30

  20€ (anticipada) 24€ (taquilla) 48€ (abono festival)

  Luke Winslow King

  Riquela. Santiago

  Venres, 9 de novembro. 20:30

  Entrada de balde ata completar aforo 

Segunda semana de concertos da oitava edición do Outono Códax, que os organizadores definen como o festival de música negra de Galicia (vinte días despois da súa inauguración con The Tibbs e The Rad Trads o 19 de outubro na Capitol). O venres visitará o Riquela (entrada gratuíta ata completar aforo) Luke Winslow King, que xa estivera na edición de 2016 deixando unha excelente lembranza. O músico de Nova Orleans chega nesta ocasión a Santiago co seu quinto de estudio baixo o brazo, Blue Mesa, o seu mellor traballo, no que desprega toda a súa mestría coa guitarra, e arranca o mellor son da mestura de blues, jazz, soul, r&b e rock and roll.

Xa o sábado, habera dobre concerto na Capitol. Dende Oporto chegan Marta Ren & The Groovelvets. En 2016 gravaron o seu primeiro disco, Stop Look Listen, que lles ten valido os maiores eloxios da crítica especializa e aupado entre as bandas de funk e soul retro máis valoradas de Europa. A voz de Marta Ren é simplemente espectacular. Tras eles actuará a ourensá Marem Ladson, unha das artistas galegas revelación deste ano grazas ao seu LP de debut que leva o seu mesmo nome. Marem ofrece un elegante son de folk e americana, que ten conquistado á crítica e o público.      

  Infórmate:

  Web oficial do Outono Códax

  Entrevista a Marta Ren en SoulSpain

  Reproduce:

  Escoita:

Luke Winslow King

Marta Ren & The Groovelvets

Marem Ladson

A %d blogueros les gusta esto: