Loading
Kolars

A primeira vez con Kolars

  Kolars

  Museo MARCO. Vigo

  Sábado, 10 de novembro. 20:30

  8€ 

O Festival Sinsal Outono 16 de Vigo consegiu que os estadounidenses Kolars fagan unha parada en Galicia na súa primeira xira española. Este dúo é ademais unha parella fóra dos escenarios, Rob Kolar (voz e guitarra eléctrica) e Lauren Brown (batería). Antes deste proxecto tiñan o grupo He’s My Brother, She’s My Sister. O seu estilo recibiu moitas etiquetas: desert disco, glam a bill, rockabilly dance ou dancebilly, pero a mellor é space blues. Como é habitual coas propostas da equipa do Sinsal, con este concerto temos a oportunidade de descubrir a este carismático dúo que, como se deduce lendo as súas entrevistas, ten as cousas moi claras sobre como queren facer a súa música. O museo MARCO acollerá este concerto do Sinsal Outono.

  Infórmate:

  Páxina web dos Kolars

  Entrevista ao dúo na revista Forbes

Reproduce:

Escoita: