Loading
The Hives

Acerto seguro con The Hives

  The Hives

  Sala Pelícano. A Coruña

  Sábado, 10 de novembro. 22:30

  29€ 

Howlin’ Pelle Almqvist, Vigilante Carlstroem, Dr. Matt Destruction, Chris Dangerous e Nicholaus Arson son The Hives e poderedes disfrutar do seu rock elegante na Sala Pelícano da Coruña grazas aos concertos que organizan este outono por toda Galicia dende O Son do Camiño. “Queremos crear un furacán de talento combinado con narcisismo no que tanto nós coma o público nos amemos e odiemos ao mesmo tempo”, apuntaron The Hives sobre o seu concerto coruñés.

Aos Inorantes parécenos que calquera escusa é boa para escoitar en directo a estes cinco músicos, que levan máis de vinte anos xuntos. Por outro lado, a banda sueca xa nos debe un disco novo. O último que editaron foi o tema Blood Red Moon no 2015 para a película Cirkeln e o seu último largo, Lex Hives, publicouse no ano 2012. Queremos máis himnos como o Hate to say I told you so

  Infórmate:

  Entrevista na Mondosonoro

  Páxina web da banda sueca

Reproduce:

Escoita: