Loading
A Muller da Montaña

Defensa da natureza no cinema

  A muller da montaña

  Benedikt Erlingsson

  Numax. Santiago

  Mércores, 7 de novembro. 19:00

  Sesión gratuita (reserva de entradas dende o luns 5) 

A muller da montaña (Woman at war) é un filme rodado en Islandia dirixido por Benedikt Erlingsson (artífice de De cabalos e homes) que presenta a unha muller de cincuenta anos que loita por defender un ideal: a salvagarda da natureza fronte a industrialización desmedida. Esa protagonista, interpretada por Halldóra Geirharðsdóttir, ten un perfil complexo que se vai debuxando a medida que avanza a acción, coa paisaxe islandesa case como coprotagonista do filme.

Proxéctase o mércores nos cines Numax de Compostela e forma parte dos LUX Film Days, unha iniciativa dos Europa Cinemas conxuntamente co Parlamento Europeo, que proxecta de maneira simultánea en distintas salas europeas as películas finalistas dos Premios LUXA muller da montaña levouse o Premio SACD da Semana da Crítica do Festival de Cannes deste ano.

  Infórmate:

  Ficha da película na web do Cineuropa

  Entrevista a Benedikt Erlingsson por Marta Balaga

Reproduce:

  Mira: