
Defensa da natureza no cinema
A muller da montaña
Benedikt Erlingsson
Numax. Santiago
Mércores, 7 de novembro. 19:00
Sesión gratuita (reserva de entradas dende o luns 5)
A muller da montaña (Woman at war) é un filme rodado en Islandia dirixido por Benedikt Erlingsson (artífice de De cabalos e homes) que presenta a unha muller de cincuenta anos que loita por defender un ideal: a salvagarda da natureza fronte a industrialización desmedida. Esa protagonista, interpretada por Halldóra Geirharðsdóttir, ten un perfil complexo que se vai debuxando a medida que avanza a acción, coa paisaxe islandesa case como coprotagonista do filme.
Proxéctase o mércores nos cines Numax de Compostela e forma parte dos LUX Film Days, unha iniciativa dos Europa Cinemas conxuntamente co Parlamento Europeo, que proxecta de maneira simultánea en distintas salas europeas as películas finalistas dos Premios LUX. A muller da montaña levouse o Premio SACD da Semana da Crítica do Festival de Cannes deste ano.
Infórmate:
Ficha da película na web do Cineuropa
Entrevista a Benedikt Erlingsson por Marta Balaga
Reproduce:
Mira: