Loading
Nudozurdo

Nudozurdo despídese de Galicia

  Nudozurdo

  Clavicémbalo. Lugo

  Sábado, 10 de novembro. 20:00

  12-15€ 

A Asociación Cultural Teleclube de Lugo organiza un novo concerto para non perder. Desta vez os madrileños Nudozurdo, que están percorrendo a península na xira máis triste… a da despedida dos escenarios. O grupo de post rock leva case vinte anos sen deixar de experimentar en cada disco, o último foi Voyeur Amateur, editado no ano 2017. “Nudozurdo partiunos coma un raio, e o espello no que nos mirabamos nin sequera existe xa”, sostiveron os membros da banda liderada por Leo Mateos no comunicado onde anunciaron a súa disolución.  O que sempre nos vai quedar é o seu tema Mil espejos. Por todo isto, a de Lugo vai ser unha data especial. Eles din que non lles gustan as despedidas, e o mellor xeito de dicirlles adeus é acompañándoos unha última vez.

  Infórmate:

  O adéus de Nudozurdo na Jenesaispop

  Entrevista ao grupo en Notodo

Reproduce:

Escoita: