Loading
Cristina García Rodero. Galicia

Obradoiro con García Rodero

  O Proceso Creativo dunha Reporteira

  Cristina García Rodero

  Escola Unitaria. Santiago

  Sábado e domingo 10 e 11 de novembro. Varias horas 

  265€

A Escola Unitaria propón para esta fin de semana en Santiago unha completa masterclass cunha das fotógrafas máis importantes das últimas décadas en España, a cidaderealeña Cristina García Rodero, que se centrará no labor como fotoxornalista e fotógrafa documental. Serán en total doce horas, divididas en dúas sesións, a do sábado pola mañá (10:00 a 14:00) e pola tarde (16:00 a 20:00), mentres que a do domingo será unicamente de mañá (10:00 a 14:00).

En 2009 García Rodero converteuse na primeira (e única ata agora) fotógrafa española (home o muller), en formar parte da Axencia Magnum, e a cuarta muller de calquera nacionalidade en ser aceptada pola prestixiosa Axencia. Ao longo da súa traxectoria ten dedicado moitos esforzos a retratar celebracións populares, costumes e tradicións en España e o mundo (ben coñecidos son os seus traballos en India ou Haití). Iso tróuxoa en varias campañas a Galicia, onde asinou algunhas das mellores fotografías recentes da nosa Comunidade.

  Infórmate:

  Web oficial da Escola Unitaria

  Cristina García Rodero na web de Magnum

  Reproduce:

  Mira: