Loading
Miho Hatori

Optimista Miho Hatori

  Miho Hatori

  Radar Estudios. Vigo

  Xoves, 8 de novembro. 21:00

  11€ 

Imposible para os Inorantes non lembrar ao Ninja Hattori cando tes que falar do concerto que Miho Hatori dará este xoves en Vigo. Pero non! Miho Hatori non ten que ver co ninja. É o proxecto en solitario desta xaponesa que vive en Nova Iorque e que colaborou con bandas como Cibo Matto ou Gorillaz. Agora presenta o seu álbum New Optimism, que combina electrónica e pop. Para saber se é tan optimista como anuncia o título, escoita aquí abaixo ou pásate pola sala Radar, que ben paga a pena.

  Infórmate:

  Artigo sobre Miho Hatori na Wikipedia

  Nova sobre a separación de Cibo Matto en Jenesaispop

Reproduce:

Escoita: