Loading

Ron Carter, historia do jazz

  Ron Carter

  Teatro Principal. Ourense

  Sábado, 10 de novembro. 22:00

  Entradas esgotadas

O contrabaixista e violonchelista norteamericano Ron Carter actúa no Teatro Principal de Ourense. Programado dentro do ciclo Galicia Importa, aos Inorantes énchenos de ledicia anunciar que as entradas para o seu concerto xa están esgotadas. Nunha programación musical dominada por un indie ultrapromocionado, sempre resulta atractivo que alguén aposte por outro estilo. Máis todavía se, como neste caso, se trata de jazz: un xénero obrigado, polo xeral, ao espazo subterráneo. O sold out confirma que se pode apostar por outros xéneros e, incluso, darlles ubicación dentro dos grandes festivais. A música alén de instagram é posible. 

Carter é unha lenda viva do jazz. Por se alguén ten algunha dúbida disto, compre sinalar algúns datos. O máis abrumador é que traballou, co seu contrabaixo, en máis de 3.500 álbumes. Algo que, a pesar de situalo nun dos postos máis altos da historia en número de gravacións, non deixa de ser anecdótico. Palabras maiores son as súas colaboracións con, entre outros, Thelonius Monk, Eric Dolphy, Chet Baker, Chick Corea ou Stan Getz. E, por riba de todo, pasaría á historia por formar parte (na década dos sesenta) do segundo quinteto de Miles Davis, onde tamén estaban Herbie Hancock, Tony Williams e Wayne Shorter. Este conxunto tivo unha enorme influencia no desenvolvemento do jazz moderno, unha evolución do jazz modal que o propio Davis iniciou en 1959. A novidade era que, agora, cada integrante do grupo tiña máis liberdade, pero sen chegar ás cotas do free-jazz. É a terceira vez que visita a cidade das Burgas e, nesta ocasión, vén acompañado do Foursight Quartet.

  Infórmate:

  Web de Ron Carter

  Entrevista a Ron Carter (en inglés)

  Reproduce:

  Escoita: