Loading
Bleda e Rosa

Bleda e Rosa, Geografía del tiempo

  Geografía del Tiempo

  María Bleda e José María Rosa

  CGAC. Santiago

  De martes a domingo, de 11:00 a 20:00

 Ata o 20 de xaneiro

  Entrada de balde

A exposición Geografía del Tiempo recompila vinte e cinco anos de traballo dos fotógrafos María Bleda e José María Rosa. O tema predominante da súa obra é a representación do territorio e a mestura de culturas e tempos que este alberga. A mostra está comisariada por Nuria Enguita e nela exhíbese completa, por primeira vez, a serie Campos de batalla, que foi iniciada en 1994 e rematada en 2017.

Este gran despregue fotográfico enmarca localizacións, en cor e con ausencia da figura humana, nas que se deron feitos esenciais e, co paso do tempo, convertéronse en espazos correntes. Ou ausentes, se se quere: os lugares de combate entre os homes, os Campos de fútbol abandonados nun mundo rural que agoniza ou as instantáneas da serie Origen, ligadas aos primeiros sapiens, falan de desaparición. Do paso do trascendente ao trivial. Os traballos destes artistas poderían considerarse de autoría única e foron galardoados co Premio Nacional de Fotografía no ano 2008. 

Á marxe desta interesante mostra, gustaríanos mencionar a incapacidade informativa e didáctica do CGAC. Non temos claro o que pretenden co folleto da exposición: presumir de erudición ao tempo que tratan de reducir o número de asistentes non formados en arte moderna? O Centro Galego de Arte Contemporánea non é un gueto para snobs, é unha institución pública para todas aquelas persoas que desexen visitalo. Dos seus xestores depende que o público teña interese polos seus contidos. E o primeiro de todo debe ser proporcionar unha información clara, concisa e intelixible. A disertación, moi necesaria desde logo, axústase máis ás páxinas dun catálogo, a ciclos de conferencias, a debates entre axentes culturais… pero a exposición é para toda a xente.

  Infórmate:

  Entrevista a Bleda e Rosa

  Web de Bleda e Rosa

Mira: