Loading

L.A. e Tulsa nos Acustiquísimos

 L.A. e Tulsa

  Loft do Palexco. A Coruña

  Venres, 16 de novembro. 21:30

  12€ 

Mirem Iza e Luis Alberto Segura, é dicir, Tulsa e L.A., comparten escenario no Loft do Palexco da Coruña dentro dos Acustiquísimos, o ciclo de concertos en acústico organizado por Art Music co apoio de Cervezas Alhambra, este venres. A cita sería especial por si mesma, pois estamos ante dúas voces xeniais, pero é que ademais, L.A. despídese e non se sabe até cando. A banda de Luis Alberto Segura xunto con Ángel, Pep e Dimas anunciou o mes pasado que van parar para reflexionar e experimentar, a ver que sae de aí… A que non marcha a ningures e Mirem Iza, que interpretará as súas cancións mitolóxicas de Centauros, e agardamos que non se esqueza da súa Oda al amor efímero porque ese tema nunca está de máis.

  Infórmate:

  O até logo de L.A. na Jenesaispop

  Entrevista a Mirem Iza en MondoSonoro

Reproduce:

Escoita: