Loading

10º aniversario do Fanzine Fest

Adolfo & Frankie, Alex Silva Band, Arpanet, Carl Finlow, Dial Combo, Dj Elektrógena, Fatfish, Gnomalab, Grobas, Hydrangea, I-F, Mateo Mena + Montse Piñeiro, Músculo!, Pálida, Pina, Posthuman, The Panic Room, VJ The End

  Fundación Seoane, sala O Túnel / Coliseum. A Coruña

  Sábado 7 de decembro e domingo 8 de decembro. Varias horas

  7 de decembro e 8 de decembro (Fundación Seoane). De balde

  8 de decembro (sala O Túnel). 20€ (anticipada) 25€ (día do evento)

Fanzine Fest, o festival da promotora e selo discográfico homónimo coruñés, celebra o seu décimo aniversario. Segue a apostar pola música electrónica e de vangarda, sempre apoiada en visuais coas que buscan que o público acade unha experiencia sensorial completa. O evento entra na súa semana grande con espectáculos repartidos entre a sala O Túnel, e a Fundación Seoane. Destacamos a dous artistas que farán vibrar aos fans do electro: o norteamericano Arpanet e o holandés I-F, unha figura moi destacada desa escena. O británico Posthuman, autor dun acid de aire retro, completa a nosa escolma internacional.

No ámbito estatal destaca o catalán Pina, que vén acompañado de Gnomalab para os visuais. A súa música é minimalista, repetitiva, azarosa e baseada na reutilización de estilos e conceptos pasados. A selección galega está encabezada por Pálida e Músculo! Os segundos sorprenderon cunha epatante posta en escena na pasada edición do festival Cortapega, presentando o seu disco máis electrónico. A psicodelia, as melodías, a electrónica de pista e unha capa de ruido incesante gañan en intensidade nos directos de José Garnelo, o artista que se agocha baixo o nome de Pálida. Esta promete ser a mellor edición do Fanzine Fest. Unha proposta libre e sen ataduras. Para os que lles gusta descubrir.

  Infórmate:

  Entrevista a Roi Grobas, un dos responsables do festival

  Información sobre o Fanzine Fest

  Reproduce:

  Recomendamos:

I-F

Pina

Músculo!