Loading
Ele

Ele leva o seu pop soul ao Jofre

  Ele

  Teatro Jofre. Ferrol

  Sábado, 8 de decembro. 20:30

  10€ 

Elena Iturrieta, coñecida simplemente como Ele, continúa a presentar o seu segundo álbum, What night hides, que editou en abril do presente ano. Un álbum que confirma á madrileña coma unha das voces máis valoradas do panorama estatal actual. Ele, pianista de formación, ten contado en varias ocasións que gravou o seu primeiro disco sen grandes pretensións, máis aló de que os seus pais puideran escoitala no coche. Sexa isto verdade ou unha bonita historia de marketing tan propia destes tempos, o certo é que tanto o primeiro LP, como este, teñen un acabado de moita calidade.

Quizais, paradoxalmente, sexa ese acabado o que menos nos gusta do seu traballo. De Ele falan como cantante de soul, góspel ou folk, mais nós nos seus discos escoitamos máis pop que soul. Non esperedes atopar nela a Nina Simone, senón máis ben un intento de Adele á española. Con todo, o seu espectáculo en directo, con coro de góspel incluído, é digno de ver. O sábado, no Jofre de Ferrol.   

  Infórmate:

  Web oficial da artista

  Entrevista con Ele en La Voz de Galicia

Reproduce:

Escoita: