Loading

Híbrido, de Aaron Sanromán

  Híbrido

  Aaron Sanromán

  Zona C. Santiago

  Martes a sábado, de 16:00 a 20:00

 Ata o 9 de decembro

  Entrada de balde

A Zona C de Santiago acolle o proxecto Híbrido do artista Aarón Sanromán. A súa instalación está baseada no video mapping, un emprego de proxeccións sobre superficies reais para obter un efecto artístico. Para este traballo buscou a colaboración do público, ao que lle solicitou o envío de vídeos de auga gravados cos seus móbiles. Deste xeito, o espectador convírtese en partícipe da propia obra. Segundo Sanromán “internet serve de canle para encher o vacío que inundaron ríos, estanques, charcas… e que, debido ao desuso e ao paso do tempo, secaron. Establécese así unha analoxía entre (…) a información e a auga”. A resposta a esa colaboración respondeu ao contexto actual á perfección, recibindo vídeos desde Rusia, Xapón, India ou Chile.

Esta intervención xurde da vontade de reivindicar a memoria xeográfica e xeolóxica da paisaxe galega. Por eso, a esas gravacións de auga únese o entorno dos bosques de Galicia e, desa hibridación, nace o que o artista define como unha “natureza cyborg”. O resultado do conxunto é unha construción imaxinaria con elementos holográficos. Moitas das vistas que ían ser empregadas nesta obra foron arrasadas polos incendios que tiveron lugar nos arredores de Vigo, en outubro de 2017. Deste xeito, esta creación renova ou amplía o seu significado e o seu valor simbólico. A contraposición entre a historia natural e a intervención antrópica.

  Infórmate:

  Web de Aarón Sanromán

  Facebook de Aarón Sanromán

Mira: