Loading
Bart and The Bedazzled

Minixira galega de Bart Davenport

  Bart & The Bedazzled

  Café & Pop Torgal. Ourense

  Lunes, 3 de decembro. 20:30

  9€ (anticipada) 12€ (taquilla)

  Flamingo. Santiago

  Martes, 4 de decembro. 20:00

  Información non dispoñible

  Sinatra Cóctel Bar. Vigo

  Mércores, 5 de decembro. 22:00

  10€ (anticipada) 12€ (taquilla)

Tres citas terá esta semana Bart Davenport en Galicia. O cantante californiano regresa a Galicia xunto á súa banda actual, The Bedazzled (está embarcado en diversos proxectos con outras bandas e tamén en solitario). En verán xa estivo en Vigo e Xove. Nesta ocasión tocará no Torgal ourensán; no Flamingo, local de Santiago que apenas leva aberto tres meses; e no Sinatra vigués, o mesmo escenario que xa pisou en xuño. Davenport continúa a xirar co seu LP máis recente: Blue Motel, que saiu ao mercado no primero semestre de 2018.

En Blue Motel Bart & The Bedazzled fan gala dun son retro e algo nostálxico, que nos retrotrae ao pop dos anos 80 que asinaron bandas como The Style Council ou Prefab Sprout, dous referentes moi claros na música de Davenport. Chama a atención unha proposta tan anglófila para un grupo californiano, mais o certo é que o seu pop resulta elegante e facilmente dixerible.   

  Infórmate:

  Crítica de Blue Moon en MondoSonoro

  Biografía de Bart Davenport en AllMusic (en inglés)

Reproduce:

Escoita: