Loading

Experimentación e psicodelia

  Seda

  Unitaria. Santiago

  Venres, 7 de decembro. 21:00

  5€

Os vigueses Seda son un dos grupos a ter en conta en Galicia nos vindeiros anos. Nós, ata a data, só coñecemos os tres temas do seu solvente EP homónimo e o single Cueva Negra. Non é nada doado destilar a esencia desa banda:  hai hip-hop, smooth pop, influencias arty, electrónica, guiños ao jazz, post-psicodelia… pero os de Vigo son moito máis. Da mestura de influencias nace algo xenuino. En Rojo Fuego as rimas, que parecen entrelazar política e cultura popular, dilúense en medio duns arreglos que rozan o AOR máis elegante. Moi diferente é Lleno de rencor. Esta composición contén unha liña de baixo próxima ao rap primitivo, uns cantos levemente hipnóticos que casan co dream-pop e un contrapunto de synth evanescente.

Remata o EP con Pretérito Perfecto, unha magnífica peza de psicodelia experimental que ben podería estar, por dereito propio, nun disco de Animal Collective. A súa última publicación é a opioide Cueva Negra, cos seus sons de teclado repetitivos e as voces multiplicadas e magnéticas. Vangarda musical para un trío que fusiona tres xeitos de entender o pop moderno. Que fan xuntos un membro de Dois, outro de Jay e Pálida? Parece un chiste, pero Seda é algo moi serio. Se tedes dúbidas, ide á Unitaria esta fin de semana. E, se quedades con ganas de festa, Pálida actúa ás dúas da madrugada no Pub Corzo para darlle conclusión ao evento.

  Infórmate:

  Seda en notodo.com

  Bandcamp de Seda

  Reproduce:

  Escoita: