Loading

Silvia Pérez Cruz e compañía

  Silvia Pérez Cruz & Marco Mezquida

  Pazo da Ópera. A Coruña

  Sábado, 8 de decembro. 21:30

  Desde 20€

Marco Mezquida é unha das novas figuras máis destacadas da música española. Difícilmente será tan coñecido algún día como o é hoxe Silvia Pérez Cruz, pero, en criterios de calidade, está moi preto dela. Este compositor, improvisador e pianista de jazz e clásica ten máis de cincuenta discos grabados, e interpreta coa mesma solvencia a Schubert que a Mingus. Desde o ano 2015 vén dando unha media de 180 concertos anuais: desde grandes festivais a entornos íntimos para gourmets como o Blue Note de Nova Iorque e o Sometime de Tokio. Se hai unha cualidade verdadeiramente destacable en Mezquida, esa é a súa versatilidade. Atrévese coa música popular, co free, coa contemporánea e co flamenco.

Talvez sexa esta particularidade a que o fai casar especialmente ben con Silvia Pérez Cruz. A catalana tamén ten unha capacidade especial para moverse con soltura entre os diferentes xéneros musicais e destacar en todos eles. Achegóuse ao flamenco con Las Migas, revisou os temas tradicionais da súa terra e doutras rexións, experimentou coas improvisacións do jazz, compuxo cancións de pop comercial… e en todas as súas facetas brilou, rutilante, a súa voz. Agardamos con ansia o concerto. A unión entre un dos mellores pianistas e unha das mellores cantantes de España.

  Infórmate:

  Web de Marco Mezquida

  Análise de Vestida de Nit, de Pérez Cruz, en Rockdelux

  Reproduce:

  Escoita: