Loading

Treme a terra en Pontedeume

  Festival Treme a Terra

  Aparcadoiro do IES Fragas do Eume. Pontedeume

  Sábado, 8 de decembro.

  Entrada de balde

Treme a terra baixo os pés, cantaban os vigueses Skacha, vellos amigos do Festival Treme a Terra, que este ano alcanza a súa decimonovena edición, unha vez máis organizado polo Colectivo Terra de Pontedeume. Este ano estará centrado na loita obreira dos estaleiros da ría de Ferrol. A cita será o vindeiro sábado 8 de decembro e contará coas pandeiretas das Tanxugueiras, o folk punk dos Bastards on Parade (que levan novo disco recen saído do forno, Cara a liberdade) e os locais Bule, que faran bailar o público co seu pop punk . Pechan o cartel The Baboon Show, dende Suecia dentro da súa xira presentando o seu último álbum Radio Rebelde. Para os máis pequenos estará Pakolas co seu espectáculo As Parábolas de Pakolas. Os Inorantes queremos que siga tremendo a terra por Pontedeume moitos anos.

  Infórmate:

  Web do colectivo Terra

  Entrevista a Bule en Ipanemaleaks

Reproduce:

Escoita: