Loading

Última conga de Esteban&Manuel?

Esteban&Manuel e Boyanka Kostova

  La Fábrica de Chocolate. Vigo 

  Mércores, 5 de decembro. 22:00

  10€ 

  Sala Karma. Pontevedra 

  Sábado, 8 de decembro. 22:30

  9€ 

“Imos parar de tocar e a actividade en xeral sen data de retorno”. Así comeza a mensaxe coa que Esteban&Manuel anuncian os seus últimos concertos, polo menos até o de agora. E esta semana marcada pola ponte da Constitución falamos do seu até logo en Vigo e Pontevedra, máis adiante virán datas en Compostela, Ourense e Barcelona. A verdade é que o cumbiatune retranqueiro de Esteban&Manuel segue no máis alto despois de máis de catro meses sen parar de xirar con La banda sonora de tu día a día.

Nesta xira de despedida (nunca se sabe o que pasará, pero agardamos que haxa conga) Esteban, aka Sportfresh Casual,e Manuel, aka Chicho do Funk, van montar unha boa festa xunto a Cibrán, aka Saibran Yiyi, co que Chicho fai dúo en Boyanka Kostova. A mistura do cumbiatune tropical co trap da aldea é algo que desde Inorantes só podemos recomendarvos. E atentos porque Esteban&Manuel van sacar un EP con catro temazos que chegará a principios do 2019.

  Infórmate:

  Conversa co Chicho do Funk en Inorantes

  Boyanka Kostova en Kapra Karma

Reproduce:

Escoita: