Loading
MIIC

Ilustradores de renome na MIIC

  Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MIIC)

  Varios artistas

  Sede Afundación. Santiago

  Todos os días, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00

 Ata o 9 de marzo

  Entrada de balde

A Sede Afundación de Santiago acolle a II Mostra Internacional de Ilustración contemporánea (MIIC), que conta con máis de 200 obras de artistas recoñecidos no panorama nacional e internacional. Comisariada por Matilde Rodríguez, esta segunda edición do evento orbita sobre tres conceptos: “o uso visual da cor, a representación subxectiva da natureza e o universo feminino”. A exposición está estruturada en dezanove proxectos, tres deles colectivos, que pretenden resaltar o valor artístico que ten a ilustración para todos os creadores convidados.

Entre outros nomes, resalta o do alemán Christoph Niemann e, tamén, dentro da importante presenza de mulleres, María Hesse ou Lara Lars. Outro aspecto interesante que ofrece a MIIC é visibilizar a innumerable cantidade de técnicas e procedementos ao dispor da ilustración, sempre en permanente evolución: serigrafías, collages, videoclips, instalacións, esculturas ou creacións dixitais. Deste xeito, pódese valorar a diversidade, transversalidade e calidade da ilustración contemporánea. Hype ou arte do presente por dereito propio? En Santiago podedes saír de dúbidas

  Infórmate:

  Entrevista a Christoph Niemann

  Entrevista a María Hesse

  Mira: