Loading
Amoeba Split

Jazz progresivo con Amoeba Split

  Amoeba Split + Willie & Winnie

  Mardi Gras. A Coruña

  Venres, 21 de decembro. 22:30

  7€

Os coruñeses Amoeba Split, unha das bandas máis talentosas do panorama progresivo, actúa na Mardi Gras. Previamente, abrirán o evento os ferroláns Willie & Winnie co seu folk de raíz americana. Os primeiros son un conxunto formado por músicos que teñen moita experiencia previa, a pesar de que a banda non conta con moito material de estudio. O seu segundo traballo, Second Split, atópase entre o mellor do jazz progresivo europeo dos últimos anos. Non debería sorprender que compartiran escenario, en diferentes eventos, con estrelas como Al Di Meola ou Neal Morse. Os amantes deste estilo teñen unha parada obrigada na cidade herculina.

Antes, Willie & Winnie, o dúo composto por Elise Denise (voz) e Andy Bill (guitarra), amosará un dos mellores sons de blues e americana que se poden escoitar en Galicia. Janis Joplin, Mark Lanegan ou Samuel Beckett están entre o seus referentes. Contan cunha produción limpa, sinxela e pulida. Entre o mellor do seu repertorio, temas como Dry Leaves. A contracorrente e tirando da tradición, mentres o ollo da mercadotecnia está posto na “música urbana”, escalan un chanzo máis con cada concerto que ofrecen.

Infórmate:

  Willie & Winnie en Colectivo de Raro Propósito

  Crítica de Second Split, de Amoeba Split, en progresivo.com

Reproduce:

Escoita: