Loading
Debuxando ao alén

Ilustración interactiva de Ana Juan

  Debuxando ao alén

  Ana Juan

  Pazo da Cultura. Pontevedra

  De luns a venres, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

  Sábados, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00

  Domingos, de 12:00 a 14:00 

 Ata o 24 de febreiro

  Entrada de balde

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a mostra Debuxando ao Alén, da ilustradora valenciana Ana Juan. Destaca, deste proxecto, a súa interactividade e a aposta absoluta polas novas tecnoloxías. Nesta exposición presenta Earthaland, Snowhite’s Mistery Tale. Trátase dunha aventura gráfica (un xénero de videoxogo interactivo) que nos permite mergullarnos no universo virtual do seu primeiro episodio. Ademáis, a realidade aumentada fai que todo o imaxinario da artista cobre vida. Rómpese, deste xeito, cos límites do espazo de exhibición, nunha aproximación ao mundo da ilustración pioneira en España. A aplicación desenvolvida para a mostra permite, tamén, unha achega aos procesos creativos de dúas das súas obras máis celebradas: Snowhite e Otra vuelta de Tuerca.

Ana Juan é, probablemente, a ilustradora española máis recoñecida. Colaborou, a principios dos oitenta, facendo historietas para as publicacións Madriz e La Luna de Madrid. Pronto, nesa mesma década, daría o salto internacional expoñendo en Suiza e traballando en Xapón para unha editorial do país oriental. Nos anos noventa apareceron as súas primeiras portadas na prestixiosa revista estadounidense The New Yorker. No ano 2010 foi galardoada con Premio Nacional de Ilustración.

*Imaxes do Facebook da artista sobre a montaxe expositiva en Pontevedra

  Infórmate:

  Entrevista a Ana Juan en JotDown

  Vídeo de Debuxando ao Alén en hoyesarte

  Mira: