Loading
Copyright Virginia Rota

A ollada da nenez de Virginia Rota

  O Mundo ao Principio

  Virginia Rota

  Pazo de San Marcos. Lugo

  De luns a venres, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30

  Sábados, de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00

  Domingos e festivos, de 11:00 a 14:00

 Ata o 8 de xaneiro

  Entrada de balde

A exposición O Mundo Ao Principio. Infans, da xove fotógrafa malagueña Virginia Rota, gañadora do VI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2018, afronta os seus dez últimos días no Pazo de San Marcos, pertencente á rede museística de Lugo, antes de comezar a súa itinerancia por distintas cidades de Galicia e Portugal.

O Mundo ao Principio é un proxecto no que Rota traballou durante dous anos e medio seleccionando a 23 nenos de entre 4 e 11 anos, idades que a autora entende como o comezo da intelixibilidade da linguaxe do neno e o límite coa adolescencia. Ao nenos seleccionados deulles unha cámara e pediulles que retrataran o que eles consideraban belo ou importante. A mostra inclúe os retratos dos rapaces, cunha evidente calidade pictórica, e tamén as fotografías que estes tomaron. No resultado Rota comprobou que os nenos se achegan á idea do que desexan plasmar e fotografar dunha forma moi semellante aos creadores adultos.

  Infórmate:

  Web de Virginia Rota

  Nova do Premio Galicia de Fotografía en Clavo Ardiendo

  Reproduce:

  Mira: