Loading

Artistas galegas no franquismo

  Territorios de intimidade. Artistas galegas baixo o franquismo 1940-1975

  Varias artistas

  Auditorio de Galicia. Santiago

  Todos os días, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

 Ata o 3 de febreiro

  Entrada de balde

Elena Colmeiro, Carmen Corredoura, María Antonia Dans, Lolita Díaz Baliño, Elena Fernández-Gago, María Victoria de la Fuente, Gloria de Llano, Rosina Lamas Fole, Fina Martiñán, Julia Minguillón, Beatriz Rey, Mercedes Ruibal e Concha Vázquez. Elas son as artistas galegas baixo o franquismo que seleccionou a comisaria Rosario Sarmiento para a mostra Territorios de intimidade, que pode visitarse na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia ata o 3 de febreiro.

Esta exposición comisariada por Rosario Sarmiento obedece á intención desta historiadora da arte de trazar un mapa das artistas galegas. A súa primeira mostra con este obxectivo tivo lugar tamén no Auditorio de Galicia, no ano 1995, A arte inexistente, que reunía obras de artistas da Galicia do século XX. Despois chegou, xa no 2016, a mostra Mulleres do silencio, no museo MARCO de Vigo, que supuxo unha actualización da primeira. Agora amplía estes horizontes con máis de 70 obras entre pintura, debuxo e escultura, de trece artistas. 

  Infórmate:

  Entrevista de Montse Dopico a Rosario Sarmiento en Praza

  Territorios de intimidade no Diario Cultural da Radio Galega

  Mira: