Loading
Laxeiro

Laxeiro-Seoane. Cruce de camiños

  Cruce de Camiños. Debuxos 1930-1950

  Laxeiro e Luis Seoane

  Fundación Laxeiro. Vigo

  De luns a venres, de 18:00 a 21:00

  Sábados, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00

  Domingos, de 12:00 a 14:00 

 Ata o 17 de marzo

  Entrada de balde

Baixo o título de Cruce de Camiños. Debuxos 1930-1950 exhíbese, na Fundación Laxeiro, unha mostra que establece conexións entre os artistas galegos Luis Seoane e Laxeiro. Trátase de dous dos pintores máis importantes da historia da arte galega, que contribuíron a traer as influencias da vangarda histórica e a renovar a nosa plástica. A exposición está comisariada por Javier Pérez Buján e Silvia Longueira, directores das Fundacións Laxeiro e Seoane respectivamente. De feito, este proxecto xurde da colaboración entre ambas institucións.

Segundo os organizadores “a arte e as tradicións populares, as referencias á arquitectura medieval, o emprego da cor como medio de expresión e a reivindicación dunha identidade plástica nacional son elementos comúns” para os dous artistas. Onde atopamos unha gran diferencia é na etapa evolutiva na que se atopan: no período que acota a mostra, Laxeiro pasou por varias fases ata acadar a madurez e xa atopamos pezas, moi identificables, das súas máscaras e carnavaladas. Pola contra, a disociación entre forma e cor, característica definitoria de Seoane, tería lugar na década dos cincuenta. O que podemos ver na mostra son esos debuxos esquemáticos de liña clara, ininterrumpida e pulso firme. Algo que empregou tanto para retratar a personaxes célebres como para construir escenas de mulleres traballando. 

  Infórmate:

  Entrevista a Javier Pérez Buján

  Entrevista a Silvia Longueira

  Mira: