Loading
Goya e Dalí

Os Caprichos de Goya e Dalí

  De la razón de Goya a los monstruos de Dalí

  Francisco de Goya e Salvador Dalí

  Fundación Laxeiro. Vigo

  De luns a venres, de 17:30 a 20:30

  Sábados, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 

 Ata o 19 de xaneiro

  Entrada de balde

A exposición De la razón de Goya a los monstruos de Dalí establece un diálogo entre as obras destes dous xenios da arte universal. No Café Moderno exhíbense oitenta gravados orixinais de Salvador Dalí e dezanove gravados orixinais de Goya. A mostra está comisariada por Julio Niebla. O punto de partida da exposición é a serie Los Caprichos de Goya, elaborada entre 1796 e 1799 “para censurar los errores y vicios humanos”. A resposta de Dalí a estas estampas, demostra que ambos creadores están, en ocasións, máis preto do que puidera parecer.

Partindo desa materia prima, de temática que se podería considerar un precedente remoto do surrealismo, o xenio catalán revisa e traslada ao seu rico universo os gravados do aragonés. Deste xeito, Los Caprichos énchense das particularidades do pai do método paranoico-crítico. Aparecen os icónicos reloxos blandos como símbolos do tempo, as muletas como temores sexuais e os saltóns que aterraban ao pintor. Todo elo apoiado na técnica do heliograbado. A exposición expresa o paso da crítica á sociedade da época, con Goya, á concepción egocéntrica da personalidade, con Dalí. Cómo cadrar estas dúas concepcións? Un apunte: o único título que respectou Dalí íntegramente foi El sueño de la razón produce monstruos

  Infórmate:

  Experto fala sobre as dúas versións de Los Caprichos

  Exposición sobre Los Caprichos de Goya