Loading

Apartamentos Acapulco en Vigo

  Apartamentos Acapulco 

  La Fábrica. Vigo

  Sábado, 12 de xaneiro. 22:00

  6€ 

Os granadinos Apartamentos Acapulco fan un pop sen estridencias que non deixou de medrar o ano pasado coa presentación do seu EP Las Cuatro Esquinas, todo un acerto para a banda de Angelina Herrera (voz e teclados) e Ismael Cámara (voz, guitarra e teclados).  Remataron o 2018 cun adianto do seu próximo disco, Deseo, un tema que naceu na súa viaxe a Bos Aires e que grabaron alí mesmo. Trátase dunha balada de shoegaze que contrasta co outro tema que coñecemos do que será o seu segundo LP, La mujer y el monstruo, moito máis pop

Apartamentos Acapulco van soar moito neste 2019 e o concerto en La Fábrica de Chocolate, en Vigo, é unha boa ocasión para adiantarse aos concertos que xa teñen programados, ata que comecen os festivais, polo resto da península. Escoitade o seu Deseo, e mirade o vídeo que grabaron eles mesmos na Arxentina para esta canción. 

  Infórmate:

  Nova en JeNeSaisPop sobre o seu último single

  Bandcamp de Apartamentos Acapulco

Reproduce:

Escoita: